cabecera foto

Incubación e domiciliación de proxectos

Se o resultado do teu plan de empresa para crear unha spin-off universitaria relacionada coas ciencias sociais ou as humanidades é positivo, podemos facilitarche  o establecemento da túa iniciativa en dúas modalidades diferentes, segundo o estado de madurez do teu proxecto e as necesidades de infraestruturas asociadas.

A primeira destas vías sería a domiciliación, na que disporías dun domicilio postal e un teléfono fixo para empregar como referencia perante os teus clientes, á vez que terías dereito ao uso de infraestruturas e servizos comúns tales como a sala de reunións ou fax.

A segunda sería a incubación, coa posta a disposición dun espazo privado e uns servizos básicos como redes de voz e datos, secretariado, etc.,...

O acceso a estes servizos está limitado pola capacidade das propias infraestruturas de incubación, polo que o mellor é que contactes connosco para saber máis sobre o que podemos ofrecerche e en que condicións.