cabecera foto

Que é Social Emprende?

O Programa Social Emprende xurde como resposta ao compromiso da Universidade de Santiago de Compostela de poñer o coñecemento ao servizo da sociedade, completando así a oferta de apoio ao emprendemento integral  responsable pola que aposta esta universidade no ámbito das humanidades e das ciencias sociais.

Integral porque esta filosofía ten que ser transversal a todos os ámbitos do saber e do coñecemento, non só ás carreiras experimentais, as enxeñerías ou as ciencias da saúde.Á sociedade interésalle que as ciencias humanas e sociais poidan transferir o seu coñecemento; Integral tamén, porque a cultura emprendedora ten que empapar a docencia e a investigación. E responsable porque unha empresa, ademais de ser rendible no ámbito económico, debe asumir certas responsabilidades co seu entorno social en relación co medio ambiente, coa creación de emprego cualificado de calidade e coa igualdade de xénero, e estes son valores que como institución queremos contribuír a espallar.